You're at Mabishu, a website about discovering quality on code, searching emerging technologies, and leading a simpler, more mindful coder life. This site was established in 2005 by Fran Diéguez, a blogger, software developer, and open source geek. Subscribe to the RSS feed for updates.

Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Written on July 14th, 2009
.

Fantasdic 5 Complementos terminolóxicos galegos para FantasdicO aplicativo Fantasdic é un aplicativo de diccionario que permite buscar palabras dende moitas e diversas fontes. Destinado principalmente ao escritorio de GNOME, pero tamén pode traballar en outras plataformas, incluso en Windows. Fantasdic é software libre e programado na linguaxe de programación Ruby.

A principal vantaxa que presenta é o sistema de complementos, o que permite de forma sinxela extender o programa para que poida “consumir” datos dende as fontes que desexemos. O único necesario é programar o complemento axeitado.

Podedes obter a tradución ao galego dende: http://l10n.gnome.org/vertimus/fantasdic/master/po/gl

Aquí explicarei como instalar os dous complementos que programei para estender o aplicativo e así permitir que poida consumir datos dende http://open-tran.eu e máis do Corpus de Mancomun (www.mancomun.org).

Instalación de plugins

Iniciar unha vez o fantasdic para que cree o cartafol de configuración do usuario e pechalo.

Copiar os seguintes ficheiros .rb no cartafol ~/.fantasdic/sources.

corpus_mancomun.rb – Complemento para consulta do corpus de corpus.mancomun.org
open_tran – Complemento para consulta de Open-Tran.eu

Fantasdic 0 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Iniciar o Fantasdic.

Configuración da orixe

Ir ao menú Editar->Preferencias.

Fantasdic 1 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Pulsar no botón Engadir no separador Dicionarios.

Fantasdic 2 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Abrese un diálogo para meter unha orixe. Seleccionamos en orixe o “Corpus Mancomun” e inserimos un nome para poder diferencialo do resto (p.ex. “Manc. en->gl”),

Fantasdic 3 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Vamos ao separador “Bases de datos”, e activamos a que queremos (seleccionamos unha e damoslle ao botón Baixar).

Fantasdic 4 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic
Xa esta!

Consultas

Agora para facer consultas seleccionamos no despregábel da dereita a orixe que queiramos e inserimos o termo a buscar.

Fantasdic 5 Complementos terminolóxicos galegos para Fantasdic

Related Posts with Thumbnails

Comments

  1. [...] can easily be used as a client for online dictionary or translation services. More details here. By the way, Fantasdic is now available in most Linux distributions. In Debian/Ubuntu, you can [...]

    #Mathieu’s log » Blog Archive » Two Fantasdic plugins ,
    Write on August 3rd, 2009 at 7:21 am

Leave a Response