GNOME Launch Party en Galiza, España

O pasado xoves 28 de abril foi un día maravilloso para toda a comunidade GNOME de Galicia. Xa que celebramos a Festa de Lanzamento de GNOME 3. O evento foi organizado maxistralmente pola asociación Ghandalf en colaboración coas asociaciónsGpul e Trasno, e co apoio económico da Xunta de Galiza.
As nosas espectatívas de asistencia vironse sobrepasadas. Fomos perto de 50 persoas desfrutando da festa, todos moi ilusionados xa que tanto desenvolvedores que alí estaban presentes, moitos deles da empresa Igalia, como tradutores do GNOME ao galego traballamos moi duramente nos últimos meses para poder ter un GNOME 3 resplandecente.
Unha mistura dun evento totalmente planificado coa expontaneidade xeral dunha festa, o trascurso da mesma foi ameno e moi bó. Todo estaba no seu lugar namentres os poñentes e os asistentes dialogaban segundo avanzaba. Foi unha alegría ver de novo xa grandes amigos meus do Software Libre, e non me cansei de darlles as grazas pola súa asistencia xa que coido que para todos era un momento especial logo do inmenso traballo que levou chegar a onde chegamos. Read the rest of this entry »

